Aproveita a oportunidade de conseguir axuda para a túa empresa!

¿Que é o programa PADIH?

Quen é o beneficiario?

PeMEs, validamente constituídas, con personalidade xurídica propia e domicilio fiscal en España.

En que consiste a axuda?

Axudas en especie, consistentes en servizos que faciliten a adopción de solucións disruptivas de dixitalización.

Finalidade

A finalidade das axudas é promover a innovación nas pemes a través do programa europeo EDIH.

Para iso, potenciarase a innovación e a adopción de tecnoloxías dixitais disruptivas por parte das pemes de calquera sector produtivo, financiando a prestación de servizos por parte de DIHGIGAL ás pemes beneficiarias das axudas.

Prazos

Dende o 30/01/2023 ás 9:00 horas e ata o 30/09/2025 ás 23:59 horas ou remate do orzamento.

Criterios de adxudicación

Modalidade de asistencia non competitiva, por orde de presentación de solicitudes, unha vez realizadas as comprobacións do cumprimento dos requisitos esixidos ata esgotar o crédito orzamentario asignado na convocatoria (16.645.528 euros)

Intensidade da axuda

Poderanse contratar un ou varios servizos cunha intensidade do 100% ata 30.000 € ou importe máximo de cada grupo de actuación