Auto-paperless

Digitalización da documentación asociada aos procesos produtivos para o sector da automoción galego

Scroll down

O proxecto AUTO-PAPERLESS “Digitalización da documentación asociada aos procesos produtivos para o sector da automoción galego” ten como obxectivo optimizar os procesos industriais das empresas do sector da automoción galego mediante a parametrización sectorial, implantación e proba dunha plataforma para a dixitalización da documentación das plantas utilizando formularios electrónicos co obxectivo de converterse nunha fábrica de PAPEL CERO, aumentando a accesibilidade, a trazabilidade, a funcionalidade, mediante o uso de instrucións por voz, e a consulta de información en tempo real.

“Transformar a automoción de Galicia con tecnoloxía avanzada: dixitalización para un futuro sen papel”.

O obxectivo é mellorar a calidade dos produtos e servizos, aumentar a eficiencia das plantas, probar novas tecnoloxías e iniciar o proceso de transformación dixital de cada unha das empresas participantes.

AUTO-PAPERLESS é un proxecto coordinado polo CEAGA no que participan Galicia Digital e outras entidades de especial relevancia.

Este proxecto está financiado polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, así como pola Unión Europea a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia no marco da convocatoria #AEI2022b.

APORTANDO VALOR

Outros proxectos