Espazo de Datos Industrial de Galicia
Espazo de Datos Industrial de Galicia: impulsando a colaboración e a innovación na industria de Galicia
Scroll down
#ESPACIOSDATOS #DATASPACE #DATA #INDUSTRIA

Espazo de Datos Industrial de Galicia: impulsando a colaboración e a innovación na industria de Galicia
“Datos que conectan Galicia y transforman su industria”
O proxecto ten como finalidade a creación dun espazo de datos industrial descentralizado, interoperable e seguro, aliñado coas directrices europeas, que facilite a colaboración e o intercambio de información entre os distintos axentes do ecosistema industrial galego. A través desta infraestrutura, preténdese fomentar a innovación, mellorar a eficiencia operativa das organizacións, promover a sustentabilidade e fortalecer a competitividade das empresas galegas nunha contorna cada vez máis dixitalizado.
Como parte desta iniciativa, están a desenvolverse catro casos de uso en sectores estratéxicos de la industria de Galicia: automoción, naval, alimentario e TIC. Estes casos permitirán demostrar, en contornas reais, o valor dos espazos de datos como ferramenta habilitadora de novos modelos de colaboración, facilitando a xeración de coñecemento, o desenvolvemento de servizos innovadores e a creación de valor a partir dos datos.
En conxunto, o proxecto contribuirá a acelerar a transformación dixital da industria de Galicia, reforzando a súa capacidade de innovación e posicionando a Galicia como un referente no desenvolvemento de iniciativas baseadas na economía do dato.
- Contía do convenio: 2.555.000€
- Duración: 30 Julio 2025 – 14 Mayo 2029
Se desea coñecer máis detalles sobre o Espazo de Datos da Industria de Galicia invitámosche a seguir as redes saciáis así coma a web do proxecto: https://www.datosindaga.com/.

Proxecto financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU, no marco do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR) e do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), a través do convenio subscribido entre IGAPE, DIHGIGAL e ITG (2025-1340) para a creación do Espazo de Datos Industrial de Galicia e o desenvolvemento de casos de uso do programa RETECH
APORTANDO VALOR
