Intertech 4.0 Fase I

Plataforma intersectorial de solucións 4.0 e incubadora de proxectos de dixitalización. fase I

Scroll down

O proxecto INTERTECH 4.0 Fase I “Plataforma intersectorial de solucións 4.0 e incubadora de proxectos de dixitalización. fase I” pretende materializar a interacción entre sectores industriais arredor dunha plataforma intersectorial para impulsar a transformación dixital da industria manufacturera, así como a implantación. de accións de I+D+i vinculadas a ela co fin último de identificar proxectos colaborativos e impulsores entre os seus participantes, conectando a oferta coa demanda tecnolóxica, para as diferentes cadeas de valor, a través dun entorno de innovación intelixente.

INTERTECH I é un proxecto intersectorial coordinado polo CLUSAGA (Clúster Alimentario de Galicia) no que participan DIHGIGAL e entidades como: ACLUNAGA, CEAGA, CLUSTER TIC, PISA e TRIPLE ALPHA.

Este proxecto está financiado polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, así como pola Unión Europea a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia no marco da convocatoria #AEI2021b.

“Conectando a oferta e a demanda de tecnoloxía mediante a colaboración intersectorial para impulsar a transformación dixital”.

APORTANDO VALOR

Outros proxectos